top of page

Camiño escolar "Correcamiños"

Álvaro Groba Casal, Natalia Campos Ferro, Maria Rios Caballeira, Olalla Varela Señoráns

NOME DO COLEXIO, MUSEO, ASOCIACIÓN:

IES do Barral.

 

CIDADE:

Ponteareas, Pontevedra, Galicia.

​

PAÍS DE ORIXE:

España.

​

ESPACIO PÚBLICO NO QUE SE TRABALLOU:

Camiño de acceso ao centro.

 

MODALIDADE DO PROXECTO:

Obradoiros en horario escolar.

 

IDADE E NÚMERO DOS NENOS PARTICIPANTES:

12-16 anos.

25 participantes.

 

PERÍODO NO QUE SE DESENVOLVEU A ACTIVIDADE:

Dende o 1 de febreiro ata o 29 de xuño do 2017.

 

OBXETIVOS DIDÁCTICOS DO PROXECTO:

Deseñar un camiño escolar seguro de acceso ao centro educativo.

 

PRESUPOSTO:

1.000€.

Transcricións

​

ALUMNA 1ª: Somos o alumnado do IES do Barral elixidos de diferentes cursos para levar a cabo o proxecto de Ludantia. Este proxecto xurdiu a partir da necesidade dunha accesibilidade mais segura ao noso centro polo perigo que supón ten unha nacional ao lado.

 

ALUMNO 2º: En canto ao traballo dividímonos en varios e diferentes grupos ao longo de todo o proxecto, coma por exemplo: enquisa, o logo e unha plataforma web onde subíamos todo o traballo , e fixemos tamén probas polo camiño vendo o que tiñamos que engadir, o que tiñamos que eliminar  o que tiñamos que conservar e ao final de todo xuntamos todo o noso traballo dos nosos grupos e xuntámolos nun só proxecto que presentamos ao concello de Ponteareas.

 

ALUMNO 3º: Pois... o meu grupo é o encargado de deseñar e planificar todo o que esta ao redor do instituto , tivemos que deseñar un aparcadoiro mais cómodo e útil para todos, e tamén en conxunto co resto dos institutos crear un camiño que sexa accesible a todos os alumnos e cómodo para todos.

 

ALUMNO 4ª: Nós, nesta zona , a partir de aquí ata o outro lado encargámonos da zona do parque, de pór unhas vías mais seguras tanto para as persoas coma para as bicicletas, monopatíns e autos, encargámonos de engadir vexetación de pór o chan liso e sen complicar a xente que poida pasar e facilitando o acceso ao colexio sen ter ningún perigo.

 

ALUMNO 2º: Camiñante ...non hai camiño faise camiño ao andar , mais aquí non hai camiño e faise imposible camiñar.

Proyecto educativo

bottom of page