top of page

O patio que queremos

Javier Gómez Esqueira, Natalia Campos Ferro, Alba Muñiz Ortiz

NOME DO COLEXIO, MUSEO, ASOCIACIÓN:

CEIP Santiago de Oliveira.

 

CIDADE:

Ponteareas, Pontevedra, Galicia.

​

PAÍS DE ORIXE:

España.

​

ESPACIO PÚBLICO NO QUE SE TRABALLOU:

Patio escolar do CEIP Santiago de Oliveira.

 

MODALIDADE DO PROXECTO:

Obradoiros en horario escolar.

 

IDADE E NÚMERO DOS NENOS PARTICIPANTES:

14 de 5 anos.

14 alumnos de 10-11 anos.

28 participantes.

 

PERÍODO NO QUE SE DESENVOLVEU A ACTIVIDADE:

Dende o 26 de abril ata o 20 de xuño do 2017.

 

OBXETIVOS DIDÁCTICOS DO PROXECTO:

· Aproximar ao alumnado ao concepto de espazo público e a súa transformación.

· Facer unha reflexión-investigación crítica sobre o patio da escola como escenario da interacción social, educativo e cotiá.

· Facer unha transformación física do patio que nos permita favorecer a convivencia, mellorar a funcionalidade e a seguridade, aumentar os recursos para o lecer e a aprendizaxe e introducir materiais e xogos alternativos.

 

PRESUPOSTO:

25.000€ aproximadamente.

Transcricións

​

Ola, Somos os alumnos e alumnas de 6º curso do CEIP Santiago de Oliveira de Ponteareas, unha vila da provincia de Pontevedra, en Galicia. O noso cole está

rodeado de natureza e temos un patio moi grande e bonito.

​

O curso pasado aconteceu algo xenial e queremos dalo a coñecer ao mundo enteiro.Un bo día, os nosos profes dixéronnos que imaxinásemos o noso patio ideal. Nese momento démonos conta de que botábamos cousas en falta, de que podíamos mellorar o noso patio… Pouco tempo despois chegaron as asesoras de Ludantia Alba e Natalia ao cole para axudarnos a facelo realidade. Menuda

sorpresa!

​

Coa axuda dos alumnos e alumnas de 5 anos e durante varias sesións, traballamos no proxecto. Fixemos moitas actividades e reflexionamos moito; todo para deseñar o mellor posible o noso novo patio.

​

Ah!, esquecíamos dicirvos que presentamos o noso proxecto no salón de plenos do noso Concello e saímos en varios periódicos e internet. O alcalde de Ponteareas e a concelleira de educación comprometéronse a axudarnos!

​

Velaquí está o noso patio! Decidimos actuar sobre tres zonas e ímosvos a mostrar o que queremos facer en cada unha.

​

Esta é a zona do patio de Ed. Infantil. Necesitamos mesas e bancos con sombra para merendar, ademais dunha papeleira e unha fonte. Pensamos que este podería ser un bo sitio. Tamén proxectamos unha zona de baile para ensaiar coreografías que tivese un grafiti e un rocódromo. Xa comezamos as obras e

cando esteades escoitando esta carta debería estar rematada.

​

Gustaríanos pintar de cores as gradas do campo de fútbol e, un pouco máis arriba, queremos construír un pequeno observatorio de aves. Tamén construiremos unha pista de patinaxe con bancos e algunhas plantas. Esta é

a obra que máis nos ilusiona de todo o proxecto!

​

Por último, na zona baixa do patio, na que xa temos unhas cabanas de vimbio, queremos construír unha zona de descanso con hamacas, unha pequena casetiña que faga de biblioteca de campo e un escenario para facer festivais. Tamén queremos instalar unha rede para que non caian os balóns do campo de fútbol.

​

Esperamos que vos gustase o noso proxecto.

​

É… O patio que queremos!

​

Ata pronto!

Proyecto educativo

bottom of page