top of page

Transformación do patio

Francisco Becera Gil, Susana Nieto Martinez, Susana Filgueira Moreira, Natalia Campos Ferro, Maria Rios Carballeira, Olalla Varela Señoráns

NOME DO COLEXIO, MUSEO, ASOCIACIÓN:

CEIP Santo André de Xeve.

 

CIDADE:

Pontevedra, Galicia.

​

PAÍS DE ORIXE:

España.

​

ESPACIO PÚBLICO NO QUE SE TRABALLOU:

Patio escolar.

 

MODALIDADE DO PROXECTO:

Obradoiros en horario escolar.

 

IDADE E NÚMERO DOS NENOS PARTICIPANTES:

5 e 11 anos.

36 participantes.

 

PERÍODO NO QUE SE DESENVOLVEU A ACTIVIDADE:

Dende o 1 de outubro ata o 23 de novembro do 2017.

 

OBXETIVOS DIDÁCTICOS DO PROXECTO:

Ser unha reflexión/investigación sobre o espazo común e a aprendizaxe e o goce que nel ten lugar. Utilizar ferramentas educativas que se sustenten en linguaxes artísticas e que conclúan dunha obra. acompañar aos nenos e nenas no seu proceso de conformación dos conceptos espaciais arquitectónicos e recoller as súas visións Entender o proceso de educación, o proceso creativo en tres fases: investigación, formulación. e execución da obra.

 

PRESUPOSTO:

6.000€.

Transcricións

​

Ola, rapaces, hoxe imos  cambiar

 o patio de infantil

E quedará moi guai

 

Os nenos e nenas querémolo cambiar

Din que están aburridos de tanto tobogán.

 

Ola, rapaces, que facedes aí

Imos pensar o patio de infantil.

Levamos traballo facendo os planos

Medindo, sumando e multiplicando.

 

Fixemos a maqueta

Recortando e debuxando

Hai catro estacións:

A primeira movemento

A segunda compartimos

A terceira a cova

E a cuarta....   mans a obra.

 

Movemento para correr, brincar e saltar

Compartir para axudar, colaborar e merendar

Na cova agochados para desfrutar.

E mans a obra para o final

Onde ca terra  xogaremos sen parar.

 

Este rap vai rematar

Ca última estrofa que

Acabamos de cantar

e ao mundo querémoslle dicir

que este vai ser....

 o noso patio de infantil!!!

Proyecto educativo

bottom of page