Transformación do patio
Francisco Becera Gil, Susana Nieto Martinez, Susana Filgueira Moreira, Natalia Campos Ferro, Maria Rios Carballeira, Olalla Varela Señoráns
NOME DO COLEXIO, MUSEO, ASOCIACIÓN:
CEIP Santo André de Xeve.
CIDADE:
Pontevedra, Galicia.
PAÍS DE ORIXE:
España.
ESPACIO PÚBLICO NO QUE SE TRABALLOU:
Patio escolar.
MODALIDADE DO PROXECTO:
Obradoiros en horario escolar.
IDADE E NÚMERO DOS NENOS PARTICIPANTES:
5 e 11 anos.
36 participantes.
PERÍODO NO QUE SE DESENVOLVEU A ACTIVIDADE:
Dende o 1 de outubro ata o 23 de novembro do 2017.
OBXETIVOS DIDÁCTICOS DO PROXECTO:
Ser unha reflexión/investigación sobre o espazo común e a aprendizaxe e o goce que nel ten lugar. Utilizar ferramentas educativas que se sustenten en linguaxes artísticas e que conclúan dunha obra. acompañar aos nenos e nenas no seu proceso de conformación dos conceptos espaciais arquitectónicos e recoller as súas visións Entender o proceso de educación, o proceso creativo en tres fases: investigación, formulación. e execución da obra.
PRESUPOSTO:
6.000€.
Transcricións
Ola, rapaces, hoxe imos cambiar
o patio de infantil
E quedará moi guai
Os nenos e nenas querémolo cambiar
Din que están aburridos de tanto tobogán.
Ola, rapaces, que facedes aí
Imos pensar o patio de infantil.
Levamos traballo facendo os planos
Medindo, sumando e multiplicando.
Fixemos a maqueta
Recortando e debuxando
Hai catro estacións:
A primeira movemento
A segunda compartimos
A terceira a cova
E a cuarta.... mans a obra.
Movemento para correr, brincar e saltar
Compartir para axudar, colaborar e merendar
Na cova agochados para desfrutar.
E mans a obra para o final
Onde ca terra xogaremos sen parar.
Este rap vai rematar
Ca última estrofa que
Acabamos de cantar
e ao mundo querémoslle dicir
que este vai ser....
o noso patio de infantil!!!








