Un patio diferente
Taller Abierto; Mª Cruz da Silva Rubio
NOME DO COLEXIO, MUSEO, ASOCIACIÓN:
Ceip Coirón-Dena.
CIDADE:
Meaño, Pontevedra, Galicia.
​
PAÍS DE ORIXE:
España.
​
ESPACIO PÚBLICO NO QUE SE TRABALLOU:
Patio de recreo.
MODALIDADE DO PROXECTO:
Obradoiros en horario escolar.
IDADE E NÚMERO DOS NENOS PARTICIPANTES:
3-12 anos.
257 participantes.
PERÍODO NO QUE SE DESENVOLVEU A ACTIVIDADE:
Curso 2016/17 e 2017/18.
OBXETIVOS DIDÁCTICOS DO PROXECTO:
· Conocer otras formas de jugar y otros juegos.
· Analizar a lo que jugamos en el patio y reflexionar sobre que nos gusta y que no nos gusta.
· Diseñar nuestro patio entre todos, obteniendo información de distintas fuentes (toda la comunidad educativa).
· Que el patio sea un espacio para todos y todas.
· Implicar a las familias, al Concello, al ANPA…en el desarrollo de este proyecto.
· Buscar distintas fuentes de financiación para llegar al objetivo final, reformar el patio..
PRESUPOSTO:
4.000€ no curso anterior.
​
Transcricións
​
O noso patio ten que reformarse, a zona para primaria está feita de cemento e só podemos xogar ao fútbol e ao baloncesto.
​
Deberiamos ter xogos no noso patio como unha tirolina, con zonas verdes con bancos para relaxarnos e tomar a merenda.
​
Queremos xogar a outros xogos no patio, como por exemplo poder patinar.
Ou algún outro, como un xogo para trepar.
​
Para facer todo isto o primeiro de todo é mover estas pistas de fútbol e baloncesto para o frente do colexio así teriamos moito mais espazo.
​
Deste xeito habería sitio para construír unha zona de paso cuberta e non mollarnos os días de choiva cando imos facer ximnasia ao pavillón.
​
No canto deste patio tan gris e feo gustaríanos ter un patio mais bonito con árbores e plantas.
​
Así poderiamos ter a nosa hortiña no patio para poder ver como van medrando as nosas plantacións día a día e así poder coidar delas nos momentos de recreo.
​
A zona de infantil parece unha gaiola, hai que cambiar o peche desa zona.
​
Gustaríanos un labirinto onde enredar cos nosos compañeiros e compañeiras.
​
E hai que mellorar os chans das zonas de xogo para que os nosos xeonllos non anden sempre espelexados.
​
Queremos un patio novo xa!









