Seminario 5: COMUNICACIONES

Neste seminario presentaranse traballos de investigación relacionados coas temáticas do evento. As comunicacións encadraranse dentro dalgunha das seguintes liñas de contido:

 

1. Experiencias educativas relacionadas co espazo público. Métodos, obxectivos, descrición das mesmas e resultados.

2. A participación infantil na cidade e os edificios públicos. Búscase recoller procesos participativos que incorporen á infancia: métodos, desenvolvemento, tempos e directrices. Poden considerarse como parte destas propostas os camiños escolares.

 

3. O xogo e o neno nos contornos urbanos. O obxectivo é profundar sobre as oportunidades de xogo e autonomía do neno nas cidades: reflexións, retos e propostas. Papel destacado teñen aquelas accións relacionadas coa mobilidade.

 

Das 75 comunicacións, seleccionáronse 55 e 6 presentarán os seus resultados neste seminario.