Chamado: Proxectos Educativos
Os proxectos educativos representan la parte práctica da educación en arquitectura. O obxectivo destes proxectos, aplicados ao tema da Bienal, é:
1. Reflexionar de forma crítica sobre o espazo público (escolar, urbano, rural). A mellor maneira de reflexionar é facendo. Facer é transformar o mundo que habitamos.
​
2.​ ​Transformar estes espazos. Como ferramenta de transformación proponse o uso de linguaxes artísticas (arquitectura, pintura, escultura, literatura, cine, teatro, danza…) de modo que se consiga:
​
· Transformación física do espazo. Os nenos fan un proxecto de arquitectura ou un deseño temporal ou permanente. (Exemplo: mellorar o patio do colexio, un deseño efémero para unha praza, crear un horto, etc.)
· Transformación simbólica do espazo. Fortalecen a construción mental do concepto “espazo público”. (Exemplo: crean unha obra de teatro, unha película, un conto…)
​
Os nenos/mozos serán os autores en exclusiva das obras e proxectos. Os artistas e profesores axudarán aos nenos a expresarse mediante as técnicas de arte.
​
Convídase a participar a aquelas persoas/organizacións/colectivos que estean traballando neste tema ou queiran comezar a facelo mediante a presentación dun proxecto conforme as bases. Os proxectos deberán desenvolverse en algún período comprendido entre setembro de 2016 e novembro de 2017.
A data de entrega finalizou o pasado 15 de novembro de 2017, téndose presentado case 80 propostas.
Consulta o formulario de inscrición.