SEMINARIO 1: MARÍA ARANA, URBANBAT
María Arana é arquitecta en URBANBAT, unha oficina de urbanismo participativo que ofrece apoio na planificación do territorio a grupos, comunidades e administracións locais. A través do seu traballo (procesos participativos, obradoiros, intervencións no espazo público...) promoven a innovación social e a creatividade urbana co propósito de favorecer unha cultura da participación cidadá que contribúa ao coidado e á mellora do contorno. URBANBAT está formado por persoas que proveñen do mundo da arquitectura, o urbanismo, as ciencias sociais, a comunicación e a pedagoxía. Grazas a un enfoque interdisciplinario apoiado no traballo en rede, median entre as partes implicadas en proxectos de planificación e rexeneración urbana. Á vez, promoven programas de pedagoxía urbana que exploran as múltiples dimensións educadoras da cidade. Neste senso, desenvolveron Arkitente, unha plataforma para achegar a arquitectura a nenos e nenas. E anualmente organizan o festival de urbanismo e innovación social URBANBAT de Bilbao.
​
​
Proposta
Arkitente. Aprendizaxes urbanas a través do xogo e a participación cidadá.
​
Neste obradoiro falaremos das orixes e o desenvolvemento do proxecto Arkitente. Das primeiras experiencias de aprendizaxe lúdicas, que combinaban o uso das TICS e as metodoloxías máis convencionais, á sistematización e desenvolvemento do programa. Unha ferramenta web aberta, flexible e dispoñible para educadores, pedagogos e institucións interesadas en fomentar a participación cidadá desde a infancia.
​
Arkitente utiliza o potencial que ofrece a cidade e a Pedagoxía Urbana para aprender DE, EN e A propia cidade a través do xogo, e fomentar o interese e a participación na súa construción e mellora. Deterémonos nalgúns proxectos de participación infantil para o deseño de espazos públicos realizados por Arkitente e reflexionaremos sobre as aprendizaxes e vinculacións que xorden destas experiencias.