top of page

Seminario 4: IRENE QUINTÁNS

Arquitecta urbanista con postgrado en Estudos Territoriais, Políticas sociais, Mobilidade urbana, Vivenda e Xestión urbanística (Barcelona, 2008). Programa de Liderado Executivo en Primeira Infancia (Harvard, 2017 e 2018) e orientadora do grupo de traballo de Cidade e Infancia.

 

Traballou nas municipalidades de Barcelona e São Paulo – Brasil, no programa de Urbanización de favelas vencedor do premio Scroll of Honor (UN-Habitat, 2012). Consultora independente de urbanismo (Bloomberg Philanthropies, Banco Mundial, entre outros) e especialista en proxectos e pedagoxía aplicados a cuestións urbanas, con énfase en traballos coa infancia e  a mocidade.

 

Actualmente é consultora externa para desenvolver a estrategia Urban95, de la Fundación Bernard van Leer, en América Latina (Atención ao desenvolvemento da primeira infancia na planificación e xestión urbanas).

 

Fundadora e directora da Red OCARA , rede latinoamericana de experiencias e proxectos sobre cidade, arte, arquitectura e espazo público nos que participan nenos e nenas. A través da rede amplifica experiencias, articula proxectos en rede e organiza obradoiros e charlas.

 

Proposta

O seminario abordará a relación entre o espazo urbano  e a primeira infancia.

​

Parte expositiva:

- Conceptos de neurociencia, relación da infancia coa cidade e a  súa incidencia na saúde integral.

- Problemáticas das áreas urbanas vulnerables.

- Presentación do programa Urban95

– Como incluímos nas políticas públicas urbanas as necesidades das embarazadas e nenos/as de 0 a 3 anos (95cm é a  altura media dun neno/a saudable de 3 anos). Exemplos en varias cidades e vencedores do Desafío internacional Urban95 Challenge.

 

Parte dinámica:

Entre todos pensaremos e priorizaremos accións sobre o tema, usando actividades sinxelas de Design thinking en grupos.

© 2018. Web designed by Conjuntos Empáticos.

bottom of page