
Expo-activa

Planta da Expo-Activa no Pazo da Cultura

Modelo da Expo-Activa

Orden regulador das caixas
> Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
​
> Datas: 10 de maio ao 17 de xuño 2018
> Deseño xeral: Carlos Arruti e Anabel Varona (Maushaus Arquitectura).
> Colaboradores no contido das caixas: Teresa Meana (TM arquitectura), Xose Manuel Rosales (Proxectoterra), Fermín Blanco (Sistema Lupo), Sara San Gregorio (Microarquitectura), Víctor González Échave (Palitroques), María Mallo, Irene Fernández (Createctura), Fernando Arenas e Mabela Rocha (Mimaia).
> Para quen é: escolas, familias con nen@s e amantes da vida en xeral (en especial de 3 a 16 anos)
> Cando se pode xogar: cando o Pazo da Cultura está aberto.
A Expo-Activa é un gran dispositivo de xogos a partir da arquitectura e do tema da Bienal: os espazos de relación xerados a través do xogo. As nenas e os nenos xogando son a exposición en si, o xogo constrúe este espazo, que propicia e incorpora múltiples variantes, xerando autonomía, liberdade e lugares de relación entre os seus xogadores.
Para isto, créanse diferentes zonas de xogo, dentro dunha mesma paisaxe, onde as accións se superpoñen e cohabitan. Tendo en conta as categorías establecidas para a clasificación dos proxectos da Bienal, cos seus espazos lúdicos e as súas accións, como se de un gran xoguete se tratase, a Expo-Activa, trata de estimular a imaxinación dos visitantes, sen pretender dar un fin ao xogo, senón múltiples continuacións.