Seminario 6: ÁNGELA UTTKE. JAS
(seminario impartido en inglés con tradución ao castelán)
A doutora Angela Million (nacida Uttke) é catedrática de Deseño e Desenvolvemento Urbano na Universidade Técnica (TU) de Berlín e profesora adxunta na MSU. Previamente foi investigadora no Instituto de Temas Urbanos (Difu) en Berlín e na Universidade Técnica de Dortmund, Alemaña. Estudou planeamento e deseño urbano en Alemaña, España e Estados Unidos. Obtivo a súa Licenciatura na Universidade Técnica de Bradenburgo Cottbus e o seu doutoramento da Universidade Técnica de Dortmund. A súa investigación céntrase na cultura do urbanismo e planeamento participativo (Baukultur), con especial interese nos aspectos educativos, así como en nenos e mozos. Ademais o seu traballo explora o papel do deseño no desenvolvemento de infraestruturas multifuncionais. O seu traballo na aula inclúe o ensino do deseño urbano e a comunicación visual do planeamento.
É socia fundadora de Jugend Architektur Stadt (JAS), unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á arquitectura, a educación ambiental e a participación de nenos e mozos.
Os seus temas de investigación abranguen: espazos educativos e planificación urbana, infancia e mocidade na cidade, deseño urbano participativo, planeamento minorista, sistemas alimentarios urbanos e desenvolvemento de infraestrutura.
É Directora do Departamento de Planificación Rexional e Urbana (ISR) na Universidade Técnica de Berlín e Presidenta de Deseño Urbano e Desenvolvemento Urbano.
​
Proposta
Resultado e impacto do contorno construído / educación en arquitectura"
Angela Million, Ignacio Castillo Ulloa
O obradoiro reflictirá os resultados e o impacto da educación en arquitectura e sobre o contorno construído, e o noso papel como educadores en tanto que deseñadores, arquitectos e planificadores. Tendo en conta os nosos obxectivos educativos, pero tamén o obxectivo da participación infantil e xuvenil , xorden varias preguntas:
1. Son os nenos que reciben educación sobre o contorno construído máis coñecedores do espazo que os rodea?. Implícanse máis a miúdo en procesos de participación?. Teñen máis confianza nas súas conversacións con expertos?
2. Influencian o seu contorno social (por exemplo, pais, amigos) grazas ao seu coñecemento acerca do medio construído?
3. En que medida pode un mestre na escola cumprir o rol dun educador na educación de medio ambiente / arquitectura?. Que papel teñen os arquitectos / planificadores / deseñadores / artistas como educadores nas escolas?
4. A educación do contorno construído conduce a unha demanda dun mellor medio ambiente para todos?. Como poden as actividades de educación ambiental transformar os debates sociopolíticos e as políticas nacionais?
Se observamos de cerca estas preguntas, podemos reparar en que unha primera serie aborda cambios a corto ou medio prazo (resultados), mentres que a segunda propón cambios a longo prazo (impacto). Unha terceira categoría céntrase nos efectos nos participantes, mentres que un último grupo trata sobre os efectos sobre o contorno construído ou mesmo sobre a comunidade e a sociedade en xeral. Na sesión tratarase de reflexionar a partir destas preguntas e de compartir certezas e dúbidas co obxecto ou ben de respondelas, ou ben de abrir o debate sobre que actividades, métodos, contornos, etc. funcionaron mellor e por que ...