top of page

Seminario 2: CLARA ESLAVA

Clara Eslava Cabanellas, arquitecta pola ETSAUN, é doutora en teoría do proxecto na ETSAM, cofundadora en 2004 de eslava y tejada arquitectos, actualmente é profesora asociada da Universidade Antonio de Nebrija, Madrid, en estética, historia e proxectos de deseño industrial e espazo interior.

​

Especializada en infancia e educación, reflexiona e escribe desde hai anos sobre as necesidades espaciais do neno no seu proceso de crecemento e a adecuación dos espazos da cidade, fogares e centros educativos a esas pulsións infantís. Actualmente asesora a diversas administracións en proxectos de espazos de xogo e educativos.

​

Clara foi coordinadora e coautora do libro Territorios de la infancia. Diálogos entre arquitectura y pedagogía xunto a Isabel Cabanellas Aguilera, Miguel Tejada Fresán, Alfredo Hoyuelos Planillo, Walter Fornasa e Raquel Polonio. En 2015 presentou a  súa tese de doutoramento  “Huellas de la infancia en el impulso creativo. Ámbitos primigenios”, dirixida polo arquitecto Juan Navarro Baldeweg, onde investiga  a pegada que a etapa infantil deixa en todas as persoas como fonte da nosa imaxinación presente. Ambos os dous son referencias imprescindibles no campo que une infancia, arquitectura e educación.

​

Tamén ten publicado múltiples artigos, como “Ambientes para la infancia: escuelas entre experiencia y proyecto”, “Espacios olvidados, entornos de aprendizaje. Código de buenas prácticas para actuar en espacios existentes”, “El recuerdo de infancia –o la huella de Proust– en Peter Zumthor”, “'Abitacolo' de Bruno Munari: infancias domésticas contemporáneas”...

​

Proposta

As “cidades invisibles” da infancia. Abordarase cidade e infancia seguindo as seguintes liñas xerais:

· a cidade da memoria

· a cidade sensible

· a cidade tanxible

· a cidade inasible

 · a cidade imaxinaria

© 2018. Web designed by Conjuntos Empáticos.

bottom of page