top of page

Seminario 1: JAVIER VERA CUBAS

Estudos na Facultade de Arquitectura, Urbanismo e Artes da UNI,  Curso de Urbanismo Social na Universidade EAFIT de Medellín, e  Diplomatura de Habitabilidade Básica para a inclusión social da FAUA-UNI. Fundador asociado da Coordinadora de la Ciudad en Construcción desde o 2016, CITIO (Ciudad Transdisciplinar) do 2008 ao 2015, e N.N. Arkitektos desde o 2003. 

​

Consultor de Invermet para o Programa Barrio Mío de la  Municipalidad Metropolitana de Lima entre o 2011 e 2013, e coordinador do Servicio de Recuperación de Espacios Públicos do 2013 ao 2014.

​

Conferencista, relator de obradoiros e expositor en eventos de arquitectura, urbanismo, arte e xestión cultural en  diferentes cidades do Perú e do estranxeiro. Articulista en diferentes medios físicos e dixitais sobre temas afíns.

​

Ganador, co equipo do Proyecto Fitekantropus, do premio FAD City to City Barcelona en 2016; 2º posto do Concurso CAF de Desarrollo Urbano e Inclusión Social en América Latina en 2015; 2º posto do 1º Concurso Nacional de Crítica arquitectónica 2016, e 3º posto do I Concurso de investigación sobre la cultura en Lima Metropolitana 2013.

​

Proposta

Título: ARQUITECTURA COMO PROVOCACIÓN. Reflexións sobre a participación dos nenos na produción de espazos públicos en Lima-Perú.

 

La Escuela Espacial (CITIO-CCC) é un  proxecto lúdico de educación cívica, ambiental e urbanística que traballa desde 2010 con nenos de diferentes idades e condicións como protagonistas dos procesos de produción da cidade, co obxectivo de xerar pensamento crítico e sensibilidade espacial para a construción de cidadanía.

 

Unha formación “desde a arquitectura” permite tratar conceptos relacionados ao habitar que ensinan que vivir nunha casa e nun barrio pode ser, máis ca unha resposta funcional e unha ollada estética pasiva, unha experiencia consciente e activa, unha intervención ética e crítica dun contorno construído e re-construído no día a día, man a man entre familiares, amigos, veciños e descoñecidos.

 

Sobre unha base conceptual e metodolóxica acorde coa realidade peruana, deséñanse obradoiros específicos segundo os lugares, compoñentes sociais, tempo de intervención e público, en 7 módulos:

  

-Corpo, Espazo  e Movemento.

-Memoria Espacial  e Imaxinarios Urbanos.

-Microproxectos e intervencións.

-Construción e escala

-Poesía e Espazo

-Proxectos urbanos integrais

-Paseos urbanos

 

O obradoiro que se realizará en Ludantia intercalará a base teórica con exercicios prácticos de cada un dos módulos. Os participantes interactuarán entre eles en diferentes espazos interiores e exteriores.

© 2018. Web designed by Conjuntos Empáticos.

bottom of page