Seminario 2: JOAN VITORIA CODINA. EL GLOBUS VERMELL
É un colectivo de arquitectos creado en 2008 e instalados desde entón na Nau Ivanow. Os impulsores deste colectivo son arquitectos que compaxinan o traballo propio de proxectistas coa investigación, a docencia universitaria, a xestión cultural e a divulgación sobre a arquitectura e a cidade, co obxectivo de formar unha cidadanía crítica e esixente cara ao contorno urbano que poida ter un rol principal na construción da cidade.
El Globus Vermell realiza todo tipo de servizos de arquitectura, desde proxectos de obra nova e rehabilitación ata actividades e materiais educativos e culturais (obradoiros, visitas guiadas, itinerarios urbanos, publicacións, exposicións, etc.) que pretenden espertar a imaxinación, a reflexión e o debate. Así mesmo, colaboran a cotío en publicacións e eventos que teñen o contorno construído como protagonista.
Forman parte do Proyecto Educativo da cidade de Barcelona e, desde decembro de 2017, do Consejo de Innovación Pedagógica impulsado polo Instituto Municipal de Educación. Tamén son firmantes do Compromiso Ciudadano por la Sostenibilidad e, ademais, membros do grupo “Aproximacions” de novos arquitectos cataláns. En 2018 inician co Colegio Oficial de Arquitectos de Cataluña o desenvolvemento dun programa educativo para as escolas co obxectivo de ter un impacto na introdución da disciplina arquitectónica no plan de estudos escolar.
​
Proposta
Os procesos de participación son ferramentas para a transformación de espazos pero, á vez, son oportunidades para a transformación da propia cidadanía, ocasións fantásticas para mostrar á xente que a cidade é súa e que poden facer con ela o que queiran, o que precisen, o que soñen.
Nós soñamos con iso, cunha cidadanía crítica e activa que se apodera do seu presente e do seu futuro. E cunhas administracións que no canto de deseñar os espazos, deixan espazo para que a xente decida. Neste senso, os máis novos sempre deberían participar porque son non só cidadáns do presente, senón os que teñen máis futuro.