top of page

Seminario 3: FABIOLA URIBE. LUNÁRQUICOS

Arquitecta. Especialista en Deseño Urbano e con estudos de Mestrado en Teoría e Historia da Arquitectura da Universidade Nacional de Colombia.  Como académica foi docente de cátedra de Historia e Urbanismo e ten traballado en investigacións para publicacións relacionadas con patrimonio e arquitectura.

 

A súa liña de traballo  desenvólvese en proxectos que enlazan compoñentes sociais, arquitectónicos e pedagóxicos. Traballou en proxectos públicos de distritos como  Obras con Saldo Pedagógico, diseño participativo en comunidades.  Guías de patrimonio de Misión Bogotá que vinculaba a poboación habitante de rúa e foi directora académica da Fundación Escuela Taller de Bogotá que incorpora mozos vulnerables socioeconomicamente para a aprendizaxe de oficios patrimoniais. Así mesmo no  2010 ganou o Segundo posto no concurso Architectura for Humanity. Aula del Futuro, co grupo Arquitectura Justa  e que incluía o compoñente participativo dos nenos e profesores.

 

Desde finais do 2011 e co apoio do Museo de Arquitectura Leopoldo Rother da Universidade Nacional crearon o  “LunArquicos, práctica experimental de arquitectura con niños”, dedicado á educación de nenos e mozos en  arquitectura e seleccionado entre os mellores proxectos de Extensión da UNAL-2015 e destacado a  nivel nacional e invitado a distintos eventos nacionais e internacionais.  “LunArquicos está conformado por un grupo de profesionais en arquitectura, deseño e arte  e é unha proposta que abre un espazo de observación, experimentación e creación de temas relacionados coa arquitectura para nenos entre os 4 e os 15 anos, xa sexa como sensibilización, aproximación, materiais didácticos  ou procesos participativos.

​

Proposta

Que pasa cando preguntamos aos nenos polos seus soños e necesidades? Como lles pedimos que nos “cuantifiquen” ou que se expresen dunha maneira “técnico-científica” nas súas aspiracións, se a súa natureza é subxectiva e emocional? Que faremos para que a súa participación sexa valorada dentro dunha cultura na que os indicadores son os que dan sentidos de valor?

 

A voz das nenas e dos nenos é fundamental para recoñecelos como cidadáns activos onde as súas opinións son decisivas. Os procesos de participación enfróntanse a dous retos, o primeiro, que eles sintan que as súas reflexións son incluídas con valor nas decisións e, en segundo lugar, que os procesos lles deixen saldos pedagóxicos de aprendizaxe nos que a súa ollada crítica sobre o seu contorno sexa fortalecida, que lles permita debater, confrontarse, consensuar.

 

Ámbolos retos fannos procurar un camiño entre a arte e a ciencia que recolla e articule as opinións dos nenos, que permita volvelos cuantificables sen desprenderse da súa dimensión artística-lúdica e que, á súa vez, eles poidan aprender durante todo o proceso.

 

O seminario-obradoiro proporá o desenvolvemento de dous exercicios complementarios para aplicar con nenos en procesos de participación.

 

 

Desenvolvemento

 

Presentación de contexto (10min)
Infografía corporal (15 min)
Modelando espazos. (20min)
Conclusións (30min)

© 2018. Web designed by Conjuntos Empáticos.

bottom of page