Metodoloxía
De 20-40 horas.
Identifícanse con este tipo de proxectos aqueles que aplican a mesma secuencia pedagóxica a varios casos ao mesmo tempo. Poden relacionarse con centros educativos (por exemplo unha metodoloxía de transformación do patio aplicada en distintas escolas) ou utilizarse en espazos que posúen características similares (por exemplo a utilización dunha mesma metodoloxía para modificar solares baleiros).
Se están relacionadas con centros escolares poderanse realizar polo profesor + artista/arquitecto en residencia, polo profesor + artista/arquitecto asesor ou exclusivamente polo profesor que aplicará a metodoloxía proposta. Estes formatos son equivalentes aos presentados na modalidade 2, pero faranse en varias escolas simultaneamente.
Se se relacionan con proxectos fora do horario escolar poderanse realizar por: organización de educación en arte + colexio, por organización de educación en arte + organización da comunidade ou pola organización de educación en arte, sempre que en elas se aplique a metodoloxía proposta. Estes axentes son equivalentes aos expostos na modalidade 3, pero ao igual que no caso anterior a intervención deberá producirse en varios lugares.