Obradoiros en horario escolar

(sexa xardín de infancia/colexio/instituto en horario escolar). De 20-40 horas.

 

• Profesor + artista/arquitecto en residencia: desenvolveranse seguindo o modelo de artista/arquitecto en residencia participando activamente co profesor/comunidade educativa nun proxecto de mellora. Os mediadores son os profesores e artistas traballando xuntos.

 

• Profesor + artista asesor: proxectos onde o profesor é o mediador, previamente asesorado polos especialistas das disciplinas artísticas. Estes especialistas poden crear materiais educativos específicos.

• Profesor: proxectos onde non interveñen especialistas de arte e arquitectura externos ao colexio. Os profesores idean, preparan, executan e documentan todo o proceso.

© 2018. Web designed by Conjuntos Empáticos.